Os domingos pola noite piden pizza, sofá e peli 🎬. Se a regas cun pouco da nosa #SalsaInferno … 💥Boom💥 Toma efectos especiais🔥❗
Ingredientes (4 persoas)
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐑𝐄𝐂𝐇𝐄𝐎
__________________
– pemento morrón vermello
– 4 jalapeños frescos ou en conserva
– anchoas, de santoña a poder ser (🙏❤️)
– mozzarella en loncha e mozzarella de búfala.
– salsa de tomate caseira ou a que mais che guste.
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀 𝐌𝐀𝐒𝐀
______________________
-1 kg de fariña de trigo de forza
-560 ml de auga frío
-25 g. de sal
-25 ml de aceite de oliva virxen extra
-14 g. de levadura fresca de panadería ou ben levadura en grao liofilizada de panadería (4-5 g)
** Instrucións **
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀 𝐌𝐀𝐒𝐀
– Nun bol grande introducimos parte da fariña. Deixamos unhas 4 cdas de fariña separadas para ir engordando a masa.
– Cunha culler de pau facemos un furado no centro do bol e botamos a levadura disolta no auga.
– Batuxamos cunha culler de pau dende o centro hacia afora e imos pouco a pouco mesturando coa fariña.
– Engadimos o aceite de oliva virxen extra e o sal. É importante que o sal e a levadura non entren en contacto direito para non ter problemas no proceso de fermentación.
– Preparamos a zona onde imos amasar botando un pouco de fariña e sacamos a masa do bol e a traballamos.
– Botamos un chis de fariña no bol e metemos a masa. Tapamos cun trapo de algodón e deixamos repousar durante 1’5/2 horas. Se tocas cun dedo a masa e ésta volve a coller a súa forma, estará lista para estirar.
– Bota fariña nunha superficie lisa e estira a masa cun rodillo
– Engade a salsa de tomate, a mozzarella en lonchas, o resto ingredientes e por enriba a mozzarella de búfala.
– Fornea a 180 C° durante +/- 1/2 hora dependendo do forno.
🍕🔥🍕🔥🍕🔥🍕🔥🍕🔥🍕🔥🍕
#salsainferno #pizza #PicaDeCarXXXo