Seguimos pola vía Mexicana pero con produto Galego🐷. Traémosvos unha receita de tacos de porco celta, sinxelos de preparación e deliciosos de sabor.😋
Ingredientes (4 persoas)
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀 𝐂𝐀𝐑𝐍𝐄 (pronto haberá receita vexetal)
_________________________________
-1 kg carne porco celta picada
-1 cebola vermella picada fina
-1/2 pemento morrón
-1 cda. zume de lima ou limón
-2 cdas ourego seco
-1 cda pementa negra moída
-1+1/2 cda comino moído
-1 cda pimentón de la vera (ou chipotle afumado, *pronto á venda na nosa web)
-tomate frito ou natural triturado
-3 cdas allo granulado
-4 cdas aceite de oliva
-Sal ao gusto
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎𝐒 𝐓𝐎𝐏𝐏𝐈𝐍𝐆𝐒
_____________________
-1 leituga iceberg
-1 cebola vermella + vinagre
-1 tomate grande
-1 jalapeño fresco
– cilantro picado
– tortillas de mainzo ou trigo
– aguacate
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀 𝐒𝐀𝐋𝐒𝐀
________________
-1/2 cup maionesa
-1 cda zume de lima ou limón
-1 c/c allo granulado
-1 c/c #salsalume ou #salsainferno
-1/4 c/c pementa negra
-1 cda auga
-Sal ao gusto
Instrucións
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀 𝐂𝐀𝐑𝐍𝐄
-Bota a cebola e o pemento picados nunha pota con aceite. Cando douren, engadir a carne de porco. Pasar un pouco a lume alto. Engadir o resto de ingredientes e reducir a lume medio-baixo ata reducir.
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎𝐒 𝐓𝐎𝐏𝐏𝐈𝐍𝐆𝐒
-Pica a leituga en xuliana o mais fina que poidas.
-(*para facer previamente)Corta a cebola en xuliana fina. Pona nun bol e bota vinagre e auga a partes iguais ata cubrir. Bota cilantro picado, opcional.
-Pica tomate e aguacate en dadiños pequenos bota sal e pementa. -Corta os jalapeños en rodallas finas.
-Pica o cilantro.
𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀 𝐒𝐀𝐋𝐒𝐀
-Pon todos os ingredientes nun bol e remove ata homoxeneizar. Engade mais auga se é preciso para conseguir que a salsa acade unha consistencia semilíquida.
Quenta as tortillas nunha sartén e monta ao teu gusto. Divertidos para comer con familia e amigos. E se os acompañas con algunha das nosas salsas…🔥🔥🔥
#salsalume #tacos #salsainferno #quedateencasa #salsaspicantes