fbpx

¿Qué é o co-packing?

O “co-packing” significa procesar e/ou envasar produtos a terceiros. Se tes algunha receita a cal che gustaría producir pero non dispós dos medios ou simplemente non te queres complicar a vida, en A Factoría do Lume dispoñemos dun obradoiro alimentario totalmente  acondicionado e certificado sanitariamente, no cal poderás levar á realidade o teu soño.

¿Por qué  somos co-packers?

Porque cremos que hai moitas iniciativas culinarias interesantes que nunca chegan a prosperar por falta de medios. Propoñemos solucións de envasado artesanal accesibles a un alto rango de persoas e empresas. Facemos produtos personalizados ideais para reforzar a túa imaxe de marca. Tanto se es un restaurante o cal fai unha salsa pola que os clientes pelexan e che gustaría producila, como se es unha persoa que ten unha receita a cal cree que pode chegar a ter éxito, ponte en contacto con nós.

¿Qué podemos producir para ti no noso obradoiro?

Envasamos dende lotes pequenos ata volúmenes medio-altos. Analizaremos o teu produto en profundidade e darémosche un presuposto.

**O único que non podemos producir no noso obradoiro son produtos con gluten, lácteos nin derivados da carne ou peixe, xa que poderían xerar contaminación cruzada cós produtos que estamos a elaborar actualmente.